ITINERARIO 1

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docente:

  • Fernando Bruna (UDC)

Obxectivos

  • Identificar os elementos fundamentais que poden determinar as decisións de localización da actividade económica e coñecer os modelos básicos para a súa análise.
  • Diferenciar os distintos modelos aplicables para valorar a actividade económica rexional en casos concretos de estudo, desenvolver posibles formulacións para o seu seguimento e estudo e avaliar as distintas alternativas de desenvolvemento territorial.
  • Sensibilizar sobre a relevancia dos aspectos territoriais na toma de decisións económicas estratéxicas e valorar a importancia dos elementos espaciais na análise económica para a consecución de maiores niveis de benestar social.

Contidos

  • Aspectos conceptuais e metodolóxicos: a inserción da variable territorial na análise económica.
  • Os elementos relevantes para analizar a localización espacial da actividade económica e o contexto da globalización.
  • Modelos de desenvolvemento espacial: os modelos de desenvolvemento endóxenos, os sistemas produtivos locais, os distritos industriais e os clústeres territoriais.

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.