Prácticas en empresa

Realizaranse en empresascentros de investigación e institucións públicas e privadas coas que se estableza o correspondente convenio.

Desenvolveranse baixo a supervisión dun titor académico e outro titor na empresa ou institución onde se realicen.

Obxectivos
  • Identificar o contexto e entender os procesos que se abordan no seo e na contorna da empresa ou institución onde se desenvolve a práctica.
  • Diferenciar as distintas tarefas, desenvolver a capacidade de integrarse en equipos multidisciplinares e organizar o traballo encomendado.
  • Apreciar o valor da experiencia ligada á práctica e valorar as capacidades propias de adaptación, de achegar enfoques ou ideas orixinais e de ter un espírito crítico e positivo.
Actividades formativas
  • Presenciais: 140 horas
  • Non presenciais: 10 horas (realización dunha memoria que recolla as actividades desenvolvidas na práctica).
Sistema de avaliación
  • Informe dos titores (25-75%)
  • Memoria de actividades (25-75%)

Traballo fin de mestrado (TFM)

Pódese realizar ó longo de todo o 2º cuadrimestre.

Para o alumnado asignado a un itinerario, deberá desenvolver necesariamente contidos vinculados a dito itinerario.

Deberá ser realizado de forma autónoma polo alumnado, aínda que sempre estará supervisado por un titor asignado pola Comisión Académica.

Deberá ser presentado ante un tribunal, que será quen o avalíe. O devandito tribunal será designado pola Comisión Académica e actuará conforme á normativa existente na Universidade onde estea matriculado o alumnado.

Obxectivos
  • Identificar os elementos relevantes do tema proposto para o seu estudo e a metodoloxía adecuada para afrontar a análise.
  • Motivar a relevancia da análise proposta, manexar con solvencia os instrumentos e técnicas aplicables, organizar adecuadamente o traballo e sintetizar os resultados e conclusións obtidos.
  • Valorar as capacidades propias para a análise, apreciar a importancia de ter enfoques ou ideas orixinais e estimular o espírito crítico e positivo.
Actividades formativas
  • Presenciais10 horas (titorías e presentación e defensa do TFM)
  • Non presenciais140 horas (realización do TFM)
Sistema de avaliación
  • Informe do titor (25-75%)
  • Presentación e defensa ante o tribunal (25-75%)