Inicio

O Máster en Economía é unha nova titulación interuniversitaria impartida pola Universidade de Vigo (que exerce de coordinadora), a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña.

A existencia de estudos avanzados de economía e empresa é unha necesidade de toda sociedade moderna que pretenda desenvolver unha actividade económica que satisfaga as necesidades da cidadanía, e lle proporcione benestar de forma sustentable no tempo. Profesionais cunha formación avanzada nas técnicas, conceptos, teorías e metodoloxías da ciencia económica e da empresa son precisos en todos os sectores da economía de Galicia.

O obxectivo xeral deste título consiste en formar profesionais en economía e empresa cunha elevada formación académica que lles permita incorporarse á vida profesional cunha alta capacitación para a toma de decisións estratéxicas ou, de ser o caso, afrontar con éxito posteriores estudos de doutoramento.

Entradas recientes

Más entradas