Pronto dará comezo o prazo de preinscrición para o curso 2018/19 do Máster en Economía

No vindeiro mes de xuño as tres universidades galegas abrirán os prazos de solicitude de admisión no Máster en Economía.

A primeira en facelo será a Universidade de Santiago, na que se poderá solicitar praza a partir do 1 de xuño. A Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña abrirán os seus prazos o 22 e 24 de xuño, respectivamente.

Lembramos que cada unha das universidades poderá admitir 15 alumnos a tempo completo e 5 a tempo parcial.

Consulta máis información sobre a admisión e matrícula na seguinte ligazón.