Información xeral

Universidades participantes: 

UVIGO

USClogotipo

UDC


Rama de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas


Duración: O programa do Máster en Economía está deseñado para poder ser completado nun único curso académico. Durante o primeiro cuadrimestre cursaranse materias de carácter obrigatorio que capacitarán ó alumno cos coñecementos necesarios para seguir os cursos de especialización do segundo cuadrimestre, realizar as prácticas externas e preparar o Traballo de Fin de Máster (TFM).


Modalidade de ensinanza: semipresencial


Número de prazas de novo ingreso:

  • A tempo completo: 15 por Universidade
  • A tempo parcial: 5 por Universidade

Linguas en que se imparte: castelán / galego


A quen vai dirixido: Tendo en conta os obxectivos do título, buscamos un perfil de estudante dinámico, interesado pola investigación, creativo, con capacidade para a abstracción e para os métodos cuantitativos.  Independentemente do nome do propio programa, son potenciais alumnos, ademais dos procedentes da licenciatura ou grao en economía, os graduados ou licenciados en administración de empresas, ciencias experimentais (particularmente os graduados en matemáticas ou estatística) e nas distintas ramas de enxeñería. Aínda que a maioría da docencia impartirase nas linguas oficiais de Galicia, os potenciais alumnos haberán de estar o suficientemente familiarizados co inglés como para ser capaces de seguir cursos na devandita lingua. O nivel de inglés recomendado ao alumnado deberá  ser similar a un B2 da escala Cambridge English.


Itinerarios

Itinerario 1.1         Itinerario 2.1         Itinerario 3.1        Itinerario 4.1