A existencia de estudos avanzados de economía e empresa é unha necesidade de toda sociedade moderna que pretenda desenvolver unha actividade económica que satisfaga as necesidades da cidadanía e lle proporcione benestar de forma sustentable no tempo. Profesionais cunha formación avanzada nas técnicas, conceptos, teorías e metodoloxías da ciencia económica e da empresa son precisos en todos os sectores estratéxicos da economía de Galicia.

O obxectivo xeral deste título consiste en formar profesionais da Economía e a Empresa cunha elevada formación académica que lles permita afrontar con éxito posteriores estudos de doutoramento ou, de ser o caso, incorporarse á vida profesional cunha elevada capacitación para a toma de decisións estratéxicas.