Materias optativas

  • No segundo cuadrimestre todas as materias son optativas.
  • Para facilitar a coordinación e o acceso do alumnado a calquera itinerario, todas as materias impartiranse na modalidade semipresencial. Utilizaranse as plataformas docentes virtuais de cada Universidade para a oferta, organización e depósito dos contidos de cada materia, e combinaranse sesións presenciais con outras nas que se utilizarán medios telemáticos que permitan o seguimento a distancia.
  • A metodoloxía de traballo tamén incluirá oferta de materiais (textos, documentos, tutoriais, etc…) que poidan ser consultados a través das plataformas docentes de cada Universidade. A avaliación do alumnado realizarase segundo as actividades desenvolvidas polos mesmos e as probas específicas que poidan establecerse en cada materia. Naquelas materias con alta actividade non presencial, habilitaranse procedementos que garantan o control da identidade dos estudantes nos procesos de avaliación.

Mención do itinerario no título

Para que un estudante poida obter reflexo na expedición do seu título de ter realizado un itinerario, debe cursar polo menos catro das seis materias ofertadas no itinerario correspondente, podendo completar o seu expediente con calquera materia optativa do resto de especialidades.

Os itinerarios ofertados son os seguintes:
  • A especialidade 4 está especialmente recomendada para os estudantes que teñen unha clara intención de seguir estudos de doutoramento, o que non exclúe que os que cursen as especialidades 1, 2 ou 3 o poidan facer tamén.
  • As materias cursaranse preferiblemente de xeito secuencial en grupos de dúas, en secuencias de catro semanas durante o segundo cuadrimestre.