Economía da Desigualdade

 

ITINERARIO 2

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docentes: 

  • Mª Dolores Garza Gil  (UVigo)
  • Manuel M Varela Lafuente  (UVigo)

Obxectivos

  • Coñecer as ferramentas que a análise económica (en xeral) e a Economía do Benestar (en particular) nos ofrecen para avaliar os problemas asociados á desigual distribución dos recursos e á discriminación no mercado laboral.
  • Realizar un informe relacionado cun problema distributivo
  • Valorar e sensibilizar sobre a importancia da igualdade, a xustiza económica e a sustentabilidade social.

Contidos

  • Introdución á Economía de Benestar: conceptos, ferramentas e criterios para valorar o benestar colectivo dunha sociedade. O papel das Funcións de Benestar Social.
  • Debates en torno ao concepto de desigualdade, e explicacións ao fenómeno desde diferentes correntes do pensamento económico. Principais ferramentas para cuantificar o benestar, a desigualdade, a pobreza e os efectos redistributivos das políticas públicas. Discusión acerca dos xuízos de valor que definen as ferramentas existentes, e as relacións teóricas existentes entre as mesmas.
  • Diferentes aproximacións á discriminación e á segregación no mercado laboral. Causas e consecuencias económicas da súa existencia. Problemática ao redor da medición de ambos os fenómenos.

Metodoloxía docente 

  • Sesións maxistrais
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Seguimento do deseño e elaboración, por parte do alumnado, dun informe distributivo utilizando bases de datos oficiais

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.