Economía da Saúde

 

ITINERARIO 2

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docente: 

  • Eva Rodríguez Míguez (UVigo)

Obxectivos

  • Comprender os determinantes da demanda de servizos de saúde. Identificar os elementos básicos da avaliación económica.
  • Coñecer os elementos crave dun sistema sanitario.
  • Describir fluxos de servizos e intercambios entre axentes do sector saúde.
  • Caracterizar elementos que permitan medir o resultado da actividade sanitaria.
  • Analizar e entender un informe de avaliación económica.
  • Ofrecer respostas aos problemas de eficiencia e calidade dos sistemas sanitarios
  • Manter unha actitude crítica, fundamentada na análise económica, cara ás propostas de reforma no sector sanitario.

Contidos

  • Saúde, sanidade e economía: medición da saúde; relación entre saúde e crecemento económico; determinantes do gasto sanitario
  • Mercado sanitario: incerteza, problemas de información, externalidades e mecanismos correctores destes fallos de mercado; modelos de demanda de saúde e de servizos sanitarios; oferta sanitaria e modelos de comportamento dos provedores
  • Avaliación económica de programas sanitarios: modalidades da avaliación económica; valoración de resultados en saúde; valoración dos custos; criterios de decisión.
  • Sistemas sanitarios e reformas sanitarias: financiamento e provisión de servizos; equidade e eficiencia

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.