Globalización Económica e Desenvolvemento Social

 

ITINERARIO 2

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docentes: 

  • Ana E Castro Fernández (UVigo)
  • Carlos Iglesias Malvido (UVigo)
  • J Lucy Amigo Dobaño (UVigo)
  • Juan C Surís Regueiro (UVigo)
  • Mª José Cabaleiro (UVigo)

Obxectivos

  • Comprender o significado dos procesos de internacionalización, coñecer os elementos básicos da interdependencia entre obxectivos económicos e obxectivos sociais.
  • Diferenciar os elementos craves dos procesos de globalización, identificar as posibles consecuencias da mesma sobre as economías e identificar as opcións de política económica e social para afrontalas.
  • Analizar casos concretos de estudo e avaliar efectos e posibilidades alternativas.
  • Sensibilizar sobre a relevancia de afrontar os retos sociais desde a perspectiva económica.

Contidos

  • Perspectiva inicial sobre a internacionalización das economías: o trilema da globalización e solucións alternativas.
  • Economías abertas, equilibrios macroeconómicos e mecanismos de transmisión en economías internacionalizadas.
  • Comercio Internacional, Integración económica e Cooperación Internacional para o desenvolvemento económico e social.

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.