Innovación e Sociedade

 

ITINERARIO 2

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docentes: 

  • Carlos M Fdz-Jardón (UVigo)
  • X.H. Vázquez (UVigo)

Obxectivos

  • Coñecer en que consiste a economía do coñecemento, entender os novos retos que introduce para empresas e organizacións públicas, e anticipar os seus efectos sobre a maneira de producir e consumir das persoas.
  • Analizar as principais forzas que moven o ecosistema de innovación e xerar plans de innovación para organizacións privadas, públicas e sen ánimo de lucro.
  • Socializar no desenvolvemento da disciplina e capacidade creativa necesarias para anticipar cambios sociais e distinguir novos proxectos de innovación en produtos, procesos e modelos de negocio.

Contidos

  • Da economía industrial á economía do coñecemento. High tech. vs. intensidade en innovación. Retos económicos e sociais para a organización da convivencia.
  • Sistemas nacionais e sectoriais de innovación. Mutacións, mecanismos e contornas de selección, patróns evolutivos.
  • Dos insights da contorna ás novas ideas para o mercado: deseño da estratexia, xeración da carteira de proxectos e fórmulas de protección da tecnoloxía.
  • Estruturas organizativas para estimular o cambio e a innovación. Sistemas de control e incentivos: esforzo obrigatorio vs. voluntario.

Metodoloxía docente 

  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.