Medio Ambiente, Recursos Naturais e Sustentabilidade

 

ITINERARIO 2

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docentes: 

  • Mª Dolores Garza Gil (UVigo)
  • Mª Xosé Vázquez Rodríguez (UVigo)
  • Manuel M Varela Lafuente (UVigo)

Obxectivos

  • Comprender as causas da deterioración ambiental, coñecer as ferramentas existentes para a valoración de bens e danos ambientais e as políticas públicas de protección ambiental e de sustentabilidade.
  • Identificar os elementos fundamentais que condicionan o uso dos recursos naturais e coñecer os enfoques e modelos básicos para a análise óptima e sustentable da súa explotación.
  • Diferenciar os distintos enfoques e modelos aplicables á análise de casos concretos e á valoración dos bens/danos ambientais e os seus efectos socio-económicos.
  • Desenvolver posibles formulacións para o estudo de casos, avaliar os resultados obtidos e diferenciar as alternativas regulatorias para a protección ambiental e a sustentabilidade.
  • Apreciar a importancia dos bens ambientais e o uso eficiente dos recursos naturais e sensibilizar sobre a importancia da sustentabilidade ambiental e natural e dos instrumentos de protección ambiental.

Contidos

  • Condicionantes naturais e institucionais na explotación e uso dos recursos naturais. Fallos de mercado e a deterioración ambiental. Bens públicos e externalidades.
  • Modelos básicos para a análise da explotación dos recursos renovables e non renovables.
  • Alternativas para a valoración dos bens e danos ambientais. Ilustración para espazos recreativos e emisións contaminantes. Teoría e práctica da política de protección ambiental.

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.