Servizos e Nova Economía

 

ITINERARIO 2

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docentes: 

  • Mª Dolores Garza Gil (UVigo)
  • Mª Xosé Vázquez Rodríguez (UVigo)
  • Manuel M Varela Lafuente (UVigo)

Obxectivos

  • Coñecer as características esenciais dos procesos de terciarización das economías desenvolvidas.
  • Comprender as achegas da nova economía ás empresas de servizos e o impacto dos intanxibles na economía do coñecemento.
  • Diferenciar as actividades de servizos tradicionais daquelas que están máis vinculadas á nova economía.
  • Comprender a evolución das economías desde as actividades baseadas na fabricación ás actividades baseadas no coñecemento.
  • Desenvolver formulacións que permitan avaliar a relevancia dos elementos intanxibles das organizacións para a creación de riqueza.
  • Apreciar a importancia dos intanxibles e dos sectores da nova economía para a competitividade das empresas e a sustentabilidade das sociedades modernas nun mundo globalizado.

Contidos

  • Introdución á economía dos servizos: conceptos, clasificación, evolución da terciarización, indicadores de produtividade e eficiencia. Macrodatos e relacións intersectoriales.
  • A nova economía. Información e coñecemento nas bases da produción e a competitividade. Xestión de servizos nun contexto globalizado. Economía de activos intanxibles: conceptualización e valoración.
  • Estudos de caso: Distribución comercial (comercio electrónico, grandes áreas e pequeno comercio); Servizos financeiros; Transporte e Turismo..

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.