Análise Económica da Actividade Bancaria

 

ITINERARIO 3

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docente: 

  • Antonio Rodríguez Sampayo (USC)

Obxectivos

  • Analizar a actividade de intermediación bancaria e os problemas asociados relacionados coa xestión de risco e transformación de activos, así como as súas implicacións regulatorias e macroeconómicas.
  • Construír modelos que expliquen o funcionamento da actividade bancaria, a súa solvencia e a regulación da intermediación bancaria.
  • Valorar a importancia da actividade bancaria e as súas implicacións no funcionamento da economía e na determinación dos ciclos económicos.

Contidos

  • Bancos e intermediación financeira
  • Crédito bancario: o racionamento de crédito
  • Depósitos bancarios e risco de liquidez
  • Competencia entre bancos, eficiencia e solvencia
  • Implicacións macroeconómicas da actividade bancaria
  • Regulación bancaria: seguro de depósitos, regulación da solvencia, resolución de crises bancarias

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.