Economía Internacional e Finanzas

 

ITINERARIO 3

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docente: 

  • Pilar Díaz Váquez (USC)

Obxectivos

  • Analizar o impacto da dinámica dos mercados internacionais de bens e dos fluxos de investimento na determinación dos tipos de cambio, identificando as fontes dos riscos asociados á operativa económica e financeira en divisas.
  • Utilizar diferentes modelos teóricos e empíricos que permitan explicar o comportamento dos tipos de cambio.
  • Valorar a importancia da dinámica dos tipos de cambio nas decisións empresariais, financeiras e na determinación dos ciclos económicos.

Contidos

  • Comercio de bens e fluxos monetarios
  • Teorías explicativas da determinación do tipo de cambio
  • Prezos, produción e tipos de cambio
  • As unións monetarias e os fluxos financeiros
  • Globalización dos mercados de capitais e volatilidade do tipo de cambio
  • Políticas económicas e tipos de cambio

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas de determinación de tipos de cambio
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.