Fundamentos de Valoración de Mercado

 

ITINERARIO 3

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docente: 

  • Juan Carlos Reboredo Nogueira (USC)

Obxectivos

  • Analizar os mecanismos de determinación do prezo de mercado de activos financeiros nun contexto de equilibrio xeral estático e dinámico.
  • Valorar diferentes produtos financeiros utilizando diferentes modelos que teñan en conta o impacto do mercado nesa valoración.
  • Valorar a importancia da dinámica dos mercados financeiros na determinación do prezo dos produtos que se intercambian nos mesmos e as súas implicacións nas decisións de investimento e financiamento.

Contidos

  • A eficiencia de mercado e o prezo dos activos financeiros.
  • A ecuación fundamental de valoración.
  • Estrutura temporal dos tipos de interese: estimación, teorías explicativas e impacto na valoración de activos financeiros.
  • Valoración estática: modelos de equilibrio xeral (CAPM) e arbitraxe (APT).
  • Valoración dinámica: activos Arrow- Debreu, arbitraxe e modelos de equilibrio xeral con consumo (CCAPM).

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas de determinación de tipos de cambio
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.