Política Monetaria e Sistema Financeiro

 

ITINERARIO 3

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docente: 

  • María del Rosario Díaz Vázquez (USC)

Obxectivos

  • Coñecer o funcionamento da política monetaria e as súas implicacións sobre a economía e o sistema financeiro.
  • Valorar o impacto das decisións de política monetaria sobre variables macroeconómicas e a estrutura dos tipos de interese.
  • Apreciar a relevancia e influencia das decisións da política monetaria sobre as decisións de investimento e financiamento de empresas e familias.

Contidos

  • Trazos básicos da política monetaria
  • Política monetaria do BCE
  • Integración financeira
  • Sistema financeiro español e europeo

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.