Materias obrigatorias

· Cursaranse no primeiro cuadrimestre.

· Trátase de catro materias de 6 ECTS e dúas de 3 ECTS. As materias de 6 ECTS cursaranse ao longo de todo o cuadrimestre. As materias de 3 ECTS cursaranse secuencialmente, primeiro a de Pensamento Económico e Institucións e despois a de Técnicas de Investigación.

· Impartiranse nalgún dos idiomas oficiais de Galicia (Castelán ou Galego), aínda que é recomendable que o alumnado teña coñecementos de inglés para o mellor acceso aos materiais didácticos e bibliografía especializada.


Análise de conxuntura económica e crecemento (6 ECTS)

Análise de decisións económicas e mercados (6 ECTS)

Métodos cuantitativos (6 ECTS)

Pensamento económico e institucións (3 ECTS)

Técnicas econométricas (6 ECTS)

Técnicas de investigación (3 ECTS)