Técnicas de investigación

 

Carácter: obrigatoria

ECTS: 3


Docentes

  • Cristina Calvo Porral (UDC)
  • María Luz Loureiro García (USC)
  • Miguel González. Loureiro (UVigo)
  • X.H. Vázquez (UVigo)

Obxectivos

  • Coñecer en que consiste a elaboración e difusión dunha investigación empírica que xere coñecemento novo de estándar internacional.
  • Definir un problema académico, deseñar a investigación, desenvolver o marco teórico de onde se extraian proposicións e/ou hipóteses, expoñer os resultados e discutir as implicacións.
  • Socializar aos estudantes nas normas e valores que rexen a competencia no mercado global de novas ideas en economía e empresa.

Contidos

  • Elección do tema dentro dun grand challenge.
  • Deseño da investigación e definición do problema.
  • Descrición de métodos e presentación de resultados.
  • Discusión de implicacións.
  • Métodos cualitativos de análises.

Metodoloxía docente 

  • Sesións maxistrais.
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma.
  • Estudos de caso.

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.