Técnicas econométricas

 

Carácter: obrigatoria

ECTS: 6


Docentes

  • Alicia Pérez Alonso (UVigo)
  • Carmen López Andión (USC)
  • Daniel Miles (UVigo)
  • Estefanía Mourelle EspasandíN (UDC)
  • Xosé Antón Rodríguez González (USC)

Obxectivos

  • Comprender as ferramentas matemáticas básicas, necesarias para a formalización do comportamento económico.
  • Adquirir habilidades na procura, identificación e interpretación de fontes de información económica relevante e do seu contido.
  • Ser capaz de formular modelos simples de relación das variables económicas, baseados na utilización de instrumentos técnicos.
  • Avaliar, utilizando técnicas empíricas, as consecuencias de distintas alternativas de acción e seleccionar as máis idóneas.
  • Fomentar a actitude crítica e autocrítica e a capacidade para xerar reflexións propias sobre problemas de natureza económica e os seus efectos sociais e éticos.
  • Mellorar o autocontrol no sistema de traballo, con respecto a tempo e planificación.
  • Fomentar o espírito investigador, desenvolvendo a capacidade para analizar problemas novos cos instrumentos adquiridos.
  • Adquirir competencias ligadas á procura e organización de documentación e á presentación do traballo de forma adecuada á audiencia.
  • Mellorar a lectura e comunicación en inglés no ámbito profesional.
  • Adquirir a capacidade de elaborar informes de asesoramento económico.
  • Fomentar o respecto polos valores éticos e cívicos e polo compromiso ético co traballo.
  • Mellorar a capacidade para traballar en equipo.
  • Fomentar a responsabilidade e capacidade de asumir compromisos.
  • Adquirir e traballar as habilidades para argumentar de forma coherente e intelixible, tanto de forma oral como escrita.

Contidos

  • Modelos lineais e non lineais
  • Problemas de especificación e problemas de datos
  • O efecto do tempo nos modelos econométricos
  • Modelos heterocedásticos: avaliando o risco
  • Regresores estocásticos: métodos de estimación dos momentos e variables instrumentais
  • Manexo de distintos paquetes econométricos

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 30 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 120 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.